26 de junio de 2025
15707 Santiago de Compostela, España
Monte Gaiás s/n
Museo de Cidade da Cultura de Galicia
Reunións B2B. Foro Galicia Alimentación 2025
El registro finalizó el 26 jun 2025
Un espazo de reunións na cita anual do sector alimentario de Galicia
O xoves 26 de xuño de 2025 chega a XI Edición do Foro e Premios Galicia Alimentación, a cita imperdible do sector da alimentación e das bebidas galego. Como xa vén sendo tradición, o evento contará co Espazo Networking Galicia Alimentación, que incluirá un espazo reservado para a celebración de reunións B2B previamente axendadas, en horario de 15:00 a 16:30 horas.
Se non queres perder esta oportunidade de establecer novas e prometedoras colaboracións con actores da cadea de valor alimentaria, rexistra o teu perfil na ligazón de arriba e comeza a axendar as túas reunións para o vindeiro día 25 de xuño. É de balde!
Xunto co anterior, a XI Edición deste evento inclúe o Foro "Galicia Alimenta o Futuro: Innovación e Liderado en Transformación do Sector", a gala de entrega dos XI Premios Galicia Alimentación, a Exposición de Alimentos e Bebidas Excelentes e Innovadores, o Espazo de Demos , ou Cóctel de Alimentos e Bebidas de Galicia, entre outras sorpresas. Máis información en www.galiciafoodforum.info
Edición anterior
Velaquí o aftermovie do derradeiro Foro e Premios Galicia Alimentación, celebrado en 2024. Vas perder a nova edición?
CONTACTO
Clúster Alimentario de Galicia
unitec clusaga